Praza das Árbores

Á sombra duns antigos tileiros (chantados no abrente do S. XX), enchese de luz a praza das árbores, recinto que antano formaba parte do patrimonio da Casa Grande dos Castro -hoxe Casa da Cultura Roberto Blanco Torres-, de aí que se teña coñecido noutros tempos co nome da Horta das Señoritas, en relación a aquelas mulleres da burguesía cuntiense que residiron nese predio fidalgo. De estrutura rectangular, dispón no seu centro xeométrico dunha antiga fonte, que segundo a tipoloxía escultórica se podería datar na primeira metade do S. XIX, con catro canos de bronce con cabezas de serpe e que a comezos do século XX foi trasladada dende a contigua Praza do Ferrol.

Nas súas inmediacións álzase a barroca igrexa parroquial de Santa María dos Baños de Cuntis e a Casa Reitoral, así como construcións de pedra que realzan un paisaxismo case que proustiano.

Enlaces relacionados
Igrexa de Santa María dos Baños de Cuntis
Casa Reitoral
Casa Grande dos Castro

 

Monumento aos Canteiros

Ao antigo Campo das Codeseiras, hoxe Praza da Constitución ou popularmente Campo da feira, desprazáronse a comezos do S. XX as feiras municipais. Este espazo, de cerca de 9.000 metros cadrados, emprégase igualmente para celebrar as festas desta parroquia. Conta cun palco da música, en pedra do país e ferro forxado, dous parques de xogos para os cativos, pombal e hórreo procedentes da horta da casa reitoral e un monumento aos canteiros realizado polo escultor cuntiense Maxín Picallo. Esta praza está delimitada pola Casa Reitoral, a igrexa de Santa María dos Baños de Cuntis, a praza de Abastos, o Fogar do Pensionista, a Casa do Concello e os xardíns da horta do cura.

 

Enlaces relacionados
Igrexa de Santa María de Cuntis
Casa Reitoral

 

 

Praza do Ferrol

Esta praza de planta case rectangular é unha das máis antigas do centro urbano e conta con varios edificios, algúns dos cales puideran ser datados nos séculos XVIII e XIX. No entanto tamén existen vivendas modernas, elaboradas en granito, que entran en harmonía coas outras creando un conxunto de gran fermosura.

Unha destas vivendas destaca sobre as demais pola excelente perfección con que se traballaron os seus perpiaños, as lumieiras das portas, fiestras e cornixa: trátase da que hoxe funciona como café, un dos máis antigos da vila, e que noutros tempos serviu en parte como casino.

A comezos do S. XX celebrábanse aquí os mercados municipais, nun escenario presidido por un cruceiro do S. XVII (que hoxe se atopa no cemiterio parroquial) e a fonte do XIX que na actualidade ocupa un lugar central na Praza das Árbores

Praza de Galicia

As casas de granito, con balcóns e galerías e fermosas bufardas nalgún caso, dos séculos XVIII e XIX, danlle a este espazo aires de antigo, de vetusto, que zumegan historias que aínda ninguén contou. Aquí atópamos os lavadoiros municipais, que se abastecen da auga quente procedente do manancial "Lume de Deus". Neste lugar ergueuse moi posibelmente a desaparecida casa e torre da Vila do Baño, existente no S. XV, e será aquí tamén onde se atoparon numerosos achados arqueolóxicos da época romana, o que nos leva a sinalar que estamos perante un dos recintos urbanos máis antigos de toda a vila.

 

Enlaces relacionados
Casa Torre da Vila do Baño
Lavadoiros

Rúa do Balneario

Pola antiga Rúa Real, hoxe rúa do Balneario, discorría un camiño principal de conexión das zonas costeiras do Salnés e do Lérez coas terras de Compostela. Casas barrocas e neoclásicas conforman esta rúa, sendo o edificio de maior tamaño o Hotel La Virgen, que porta diversos estilos. Todos eles servíronse das estruturas decimonónicas que existiron alí para elevar un inmóbel ideado -ou bosquexado cando menos- polo arquitecto galego Antonio Palacios.

Ao final da rúa consérvase unha fermosa casa, erixida tamén sobre antigas arquitecturas, que se remodelou para a hostalaría. Trátase do Hotel Castro do Balneario que xunto co Hotel "La Virgen" entran na categoría de catro estrelas.

 

Enlace relacionado
Hoteis

 

Rúa Bernardo Sagasta

Co seu encanto decimonónico, son moitas aínda as vivendas antigas que se conservan -case todas construídas entre finais do XIX e comezos do XX-. A maior parte teñen baixo e sobrado e están elaboradas en granito do país. Aínda que hoxe remata no regueiro do "Porto das Eugas", antano facíao no Cruceiro, lugar onde podemos contemplar varias construcións datábeis nos séculos XVIII e XIX e unha antiga casa fidalga que forma parte da arquitectura señorial deste concello.

 

 

 

Enlace relacionado
Casa da rúa do Cruceiro

Rúa Colón

Esta rúa, popularmente coñecida como Rúa do Medio é tamén unha das máis antigas do centro urbano. Cando a comezos do S. XX diversos intelectuais galegos (entre eles Celso García de la Riega) defendían a nacionalidade galega de Cristovo Colón, moitos concellos optaron por poñerlle o nome do almirante a algunha das súas rúas, como foi o caso da vila de Cuntis, que lle regalou unha das máis céntricas.

Convento de San Bieito de Pereira

As construcións máis antigas son do segundo cuarto do S. XX. Destaca o antigo cine Victoria, que ademais da proxección de películas tiña unhas instalacións auxiliares destinadas ao baile.

 

 

 

 

Enlace relacionado
Convento de San Bieito de Pereira

 

Chamada outrora rúa Lanuza, entre outras construcións, case todas de baixo e unha planta, destaca a casa de Vicente Carballo (medico e antigo alcalde de Cuntis) e a antiga casa do Concello.

A rúa da Presiña é unha das arterias principais de Cuntis,
que se estende ao longo da vila


Click aquí para ver o mapa.

 


Praza das Árbores
Praza da Constitución
Praza do Ferrol
Praza de Galicia
Rúa do Balneario
Rúa Bernardo Sagasta
Rúa Colón
Rúa do Convento
Rúa da Presiña


 
Aviso legal || O Concello || Contactar
Todos os dereitos reservados 2008 ©