A Concellaría de Cultura, Turismo, Deportes, Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Cuntis presenta unha nova edición do certame de fotografía que nesta ocasión está centrado na cultura e a tradición co fin de fomentar a creatividade artística, recoller e divulgar as nosas tradicións e recompilar fotografías existentes en arquivos familiares, rescatando imaxes da nosa memoria histórica. Deste xeito conxugase o valor artístico co carácter documental constituíndo un documento gráfico e antropolóxico de extraordinario relevo para o coñecemento e difusión da nosa cultura e tradición. Propóñense dúas modalidades, de foto actual e foto antiga.

1.- Participantes e número de fotografías

Poderán presentarse a este concurso cantas persoas o desexen. As fotografías só poderán ser presentadas polos seus autores/as e/ou propietarios/as. Cada participante poderá presentar ate un máximo de 3 fotografías por cada modalidade, que serán inéditas e non terán sido premiadas nin recoñecidas ou seleccionadas noutros certames. En caso de ser menores de idade será co consentimento do/a responsable, sempre de acordo cos termos previstos pola Lei de Propiedade Intelectual, e esto, para os únicos efectos de preservar a esta institución de devir en futuras consecuencias legais ou pecuniarias.

2.- Técnicas e apartados

As fotografías versarán sobre calquera aspecto que reflicta o patrimonio histórico, cultural ou etnográfico do concello de Cuntis

Os apartados do concurso son dous:

  1. Fotografía actual. Realización de fotografías recentes sobre cultura e tradición.

  2. Fotografía Histórica. Recompilación de fotografías antigas procedentes de arquivos familiares.

3.- Técnica

As fotografías presentaranse en branco e negro ou cor en papel fotográfico e soporte informático (cd) en formato JPG cunha resolución mínima de 1600x1200 píxeles terán un tamaño de enmarque de 30x40cm e non poderán ir montadas en ningún tipo de soporte ríxido.

As fotografías premiadas pasarán a ser propiedade do Concello de Cuntis, con cesión dos dereitos de reproducción e exposición. Ademais os soportes dixitais das fotografías históricas presentadas pasarán a formar parte do fondo local de fotografía da Biblioteca Municipal. En todos os casos o concello de Cuntis indicará o nome do autor/a cada vez que reproduza algunha destas fotografías.

4.- Identificación da obra e do autor/a

Ao dorso de cada fotografía indicarase por escrito: título da obra e modalidade pola que opta; en sobre pechado incluiranse os datos do autor/a (nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono de contacto), así como o lugar no que foi tomada a fotografía (especificando a data -ou data aproximada no caso de fotografía histórica- e o acontecemento representado, así como aqueles outros datos ou anécdotas que identifiquen a imaxe suficientemente)

5.- Lugar de entrega

As fotografías poderán presentarse persoalmente ou por correo ao seguinte enderezo:

Secretaría Xeral - Concello de Cuntis
Certame de Fotografía- Cuntis, Cultura e Tradición
Praza da Constitución, no 4
36670 Cuntis

6.- Prazo

O prazo de admisión remata o día 4 de setembro de 2008

7.- Exposición

As fotografías serán expostas nunha mostra que se manterá aberta ao público na Casa da Cultura Blanco Torres entre o 12 e o 30 de setembro de 2008. As fotografías non premiadas poderán ser retiradas, unha vez retirada a exposición, ate o 31 de outubro, persoalmente polos seus autores/as ou por persoas autorizadas polos/as mesmos/as. As fotografías que non se retiren pasarán a ser propiedade do concello de Cuntis, con cesión dos dereitos de reproducción e exposición.

8.- Xurado e entrega de premios

O xurado nomeado pola Concellaría de Cultura, Turismo, Deportes, Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Cuntis estará formado por persoas relacionadas co ámbito da cultura e procederá ao fallo e á entrega de premios o día da inauguración da exposición na Casa da Cultura Blanco Torres o 12 de setembro de 2008 ás 20,30 horas

10.- Premios

Modalidade A:
Primeiro premio: 150
Segundo premio: 100

Modalidade B:
Primeiro premio: 100
Segundo premio: 80

Para que o fallo sexa efectivo os/as gañadores/as deberán aportar negativo ou soporte dixital. A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.







 
Aviso legal || O Concello || Contactar
Todos os dereitos reservados 2008 ©